III Torneo Internacional Cidade da Coruña
O sábado 1 de marzo disputouse, organizado por 100Tolos, na Casa da Auga en A Coruña o III Torneo Internacional Cidade da Coruña de espada en categoría absoluta.
A competición, puntuable no ranking galego absoluto, tivo destacdo protagonisto de 100Tolos, acadando 4 medallas das 8 en disputa. Na categoría masculina, Iago García acadou a segunda posición nunha final gañada por Noé Bermejo. Javier Gormaz acadou a terceira posición. Jorge Pereira, Guillermo Belmonte e Xián Franco remataron a un paso da medalla, na 5ª, 6ª e 7ªposición respectivamente. A participación 100Tola completouse con Adrián Vidal (14), Tiago Souto (15), Lois Longueira (16), Martín Redondo (20), Cristian Lugrís (23) e Alberto Ose (25).
https://engarde-service.com/co...
Na categoría feminina, a cadete Vera Pereiro acadou a segunda posición, nunha disputada final con Araceli Bugallo, quen, nunha gran remontada na final entre as dúas, se fixo co ouro. A terceira posición foi para Hugo Díaz. As dúas repiten podio nunha gran tempada na categoría absoluta. Completaron a participación Nieves Eiriz (10), Laura Mora (13) e Claudia Rodríguez (15).