II TNR Espada e Florete M15 Ciudad Real
A fin de semana do 15 e 16 de febreiro foi o turno para o II Torneo de Ránkin Nacional de M15 de espada e florete, onde os nosos tiradores tiveron unha destacada participación.
O sábado foi o turno do florete, onde na categoría feminina, Lía Mora chegou ó cruce de 16 rematando nunha fantástica 10ª posición. Lía Rodríguez acadou o cruce de 32, rematando na posición 25. Hande Ozcakir rematou na posición 37 e Priscila Ramírez na 40.
https://engarde-service.com/co...
En categoría masculina, Guillermo Sabín chegu até o cruce de 32, acadando a posición 23 na clasificación final.
https://engarde-service.com/co...
O domingo 16 foi o turno da espada, onde Ángel Rivas rematou na posición 9, que lle posiciona no 3º posto do ránkin nacional, Tomás Núñez na 38 e Quique Orro na 104.